Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

Soraya, Raúl e os bailaríns de Fama, algunhas das atraccións do Corpus 2008 de Ponteareas

por Vm - 10/05/2008
Soraya de OT.

A 'triunfita' Soraya e o cantante de pop e baladas Raúl son algúns dos artistas que actuarán na Praza Maior do Concello de Ponteareas, o vindeiro 25 de maio, na primeira edición da Gala Musical Festas do Corpus.

Así, a partires das 21.30 horas do domingo do Corpus, os veciños e visitantes da vila poderán disfrutar da actuación da cantante de Operación Triunfo Soraya Arnelas, acompañada dos seus bailaríns, que interpretará para todos os seus éxitos 'Ochenta,s' e 'Dolce Vita'.

O cantante de pop e baladas Raúl Fuentes, coñecido como Raúl e intérprete, entre outros éxitos, de 'Sueño su boca', tamén estará presente nesta gala, que contará tamén cun espectáculo de musicais de Televisión Española, no que 9 bailaríns de TVE, Antena 3 e Telecinco, os bailaríns de FAMA e o director artístico Gianco, representarán 25 números dos musicais máis famosos da historia, coma Greas, Fama, El Rey León, Hércules, Alicia en el País de las Maravillas, Dirty Dancing ou Gracias por Venir, entre outros.

Ademais, a Mellor Voz de Galicia na TVG e finalista do programa 'Menudas Estrellas' de Antena 3 Rocío Caamaño presentará temas do seu novo disco, e o grupo galego de pop xuvenil '986', finalistas de Eurovisión, abrirán e pecharán o espectáculo coa súa actuación.

A Gala do Corpus 2008 inclúe un gran despregamento de medios técnicos e audiovisuais. Contará cun escenario de 6 por 12 metros, se instalarán 3 pantallas xigantes na Praza Maior, dous canóns de luz para o seguimento dos artistas, máis de 60.000 vatios de potencia de son, catro cámaras de tv e decorado.

Ademais, no transcurso da gala se emitira un vídeo promocional nas pantallas xigantes sobre as festas do Corpus. O Concello de Ponteareas e a Deputación de Pontevedra colaboran para que este espectáculo poida facerse realidade e invitan a todos os ponteareáns a disfrutar desta gala.

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com