Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

O Concello de Ponteareas pide á Xunta información sobre as infraestructuras previstas na Vila con plan 'Vigo Íntegra'

por Vm - 10/05/2008

O Goberno de Ponteareas solicitou á Consellería de Política Territorial da Xunta de Galicia a relación de infraestructuras que o goberno galego ten previsto executar en Ponteareas e que se inclúen no plan 'Vigo Íntegra', presentado polo presidente da Xunta o finales do mes de abril na cidade olívica.

O goberno local quere ter toda a información dispoñible, incluídos todos os proxectos e borradores das actuacións, relativa a dúas obras que afectan ao termo municipal e que a Xunta de Galicia anunciou: a variante de Ponteareas e a conexión da autovía A-52 coa estrada nacional 120.

O Concello considera fundamental dispor da información "xa que se está confeccionando o borrador do Plan Xeral e necesita ter unha previsión da reserva de solo para ditas infraestructuras".

Por outra banda, a Xunta de Goberno do Concello de Ponteareas acordou na súa última reunión dirixirse á Consellería de Vivenda e Solo para a ordenación e urbanización do polígono industrial de A Lomba nos mesmos termos que o asinado o 1 de abril entre o departamento autonómico e o Concello de Gondomar para o polígono de A Pasaxe (Vincios).

O Goberno de Ponteareas considera que o polígono de A Lomba, na parroquia de Areas, "se atopa nunhas condicións similares ao da Pasaxe". A sinatura deste protocolo permitirá levar a cabo a ordenación e urbanización do actual Parque Empresarial de A Lomba, para que moitas empresas alí instaladas regularizaren a súa situación actual e ademais contar cos servizos e infraestructuras propias dun parque empresarial do século XXI.

O Concello e o colectivo de empresarios de A Lomba solicitaron en reiteradas ocasións tanto á Consellería de Vivenda como a Xestur Pontevedra unha solución a esta situación. No caso do polígono de A Pasaxe, a Xunta licitaba o pasado 2 de maio, trala sinatura do protocolo de colaboración, a contratación dos proxectos sectorial e de urbanización para o desenvolvemento deste parque empresarial por importe de 500.000 euros.

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com