Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

Comezan en Ponteareas as actividades 'Mes de Maio, Mes das Letras'

por Vm - 08/05/2008

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, a través da campaña 'Achégate ao Libro', organizará diversas actividades denominadas 'Mes de Maio, Mes das Letras', co obxectivo de promover a lectura en galego entre os máis cativos e o público en xeral con actividades fóra das bibliotecas, nos parques, ao aire libre e, en definitiva, nun espazo de lecer que convide á lectura.


Este ano, os libros abrirán as súas follas en varios escenarios e, así, o venres 9 de maio levaranse ao parque da urbanización Ponteareas Cidade, o 16 de maio ao Parque das Pombas, o 23 á Praza Maior e o día 30 aos Xardíns da Xiralda, dende as 17.30 ás 20.30 horas.

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com