|  | | | | | O Goberno Local organiza unha recepción ao cardenal arzobispo de Sevilla, á que poderán asistir todos os veciños e veciñas que o desexen. | | | |
O cardenal arzobispo de Sevilla, Monseñor Carlos Amigo, confirmou a súa presenza o vindeiro 13 de maio, en Ponteareas, donde participará en distintos actos previos á celebración das ‘Festas do Corpus Christi 2008’.
O Goberno Local organiza unha recepción ao cardenal arzobispo de Sevilla, á que poderán asistir todos os veciños e veciñas que o desexen. Será ás 13.00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello. A continuación, ás 14.00 horas, Monseñor Amigo acudirá a un xantar popular no restaurante ‘El otro mundo del Tea’. Todos os interesados en participar na comida poden retirar a invitación no Departamento Municipal de Cultura (teléfono 986 661 675).
Polo serán, ás 20.00 horas, Monseñor Amigo presidirá a Santa Misa na Igrexa Parroquial de San Miguel de Ponteareas, á que seguirá a tradicional procesión da Virxe de Fátima. Ao remate da procesión, as 21.00 horas, o arzobispo de Sevilla exporá no auditorio Reveriano Soutullo a súa visión das Festas do Corpus nunha conferencia baixo o título ‘Alfombras para el Corpus’.
Monseñor Carlos Amigo ten unha grande vinculación con Ponteareas posto que é habitual a súa presencia durante o verán no convento dos franciscanos de Canedo. Carlos Amigo Vallejo naceu en agosto de 1934 en Medina de Rioseco, Valladolid, foi arzobispo de Tánger entre 1974 e 1982 e é o arzobispo de Sevilla dende 1982.
|