Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

Davila demanda a Fomento a mellora da seguridade vial da N-120 por Ponteareas

por Vm - 07/05/2008

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, demanda ao Ministerio de Fomento a mellora da seguridade vial da N-120 ao seu paso por Ponteareas neste ano 2008. Tamen pede a realización dunha conexión entre a A-52 e a N-120 á altura do núcleo urbano de Ponteareas.  


A parlamentar do BNG explica que o Concello de Ponteareas está atravesado por dúas infraestruturas viarias de competencia estatal, a A-52 e a N-120 e salienta que a N-120 soporta diariamente unha elevada carga de tráfico que incluso provoca grandes retencións. Un tráfico que pasa pola zona de maior densidade de poboación nun concello de más de 22.000 habitantes. 


“O que implica numerosas situacións de risco dada a proximidade poboacional e debido a que este vial non conta con elementos de proteción e seguridade suficientes”, subliña. Davila lembra que o Concello de Ponteareas aprobou a iniciativa do BNG de solicitar a mellora da seguridade vial da N-120 hai anos.  


Respeito á A-52, sinala que “unha infraestrutura destas características tería que contar desde hai tempo cun acceso de alta capacidade que se comunicase co núcleo urbano de Ponteareas e á súa vez, enlazase coa N-120”. Por iso, salienta a necesidade de construir un vial de 2 quilómetros desde o enlace da A-52 de Ponteareas (en Moreira) coa N-120 como solución aos problemas de tráfico que se xeneran.  


Ademáis, Davila solicita ao Ministerio que atenda as demandas dos veciños, empresarios e do Concello de Ponteareas, para mellorar a entrada con Ganade na N-120 “debido ás queixas realizadas despois da última reforma deste cruce”.  Outra das cuestións que dirixe a Fomento é para preguntarlle por que non está realizada aínda a mellora da saída da autovía A-52 na súa conexión coa N-120 direción a Ourense, na zona de Cans (O Porriño).

 

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com