Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

O XIV Festival de Bandas de Música de Xinzo contará coa presenza de grupos de A Coruña e de O Rosal

por Vm - 07/05/2008
Na actualidade a Banda de Música Xuvenil de Xinzo está dirixida por Iñaki Lecumberri Camps, natural de Valencia, e conta con 30 compoñentes da escola.

A parroquia ponteareana de Xinzo acolle este domingo, día 11, o XIV Festival de Bandas de Música de Xinzo, no que participarán a Banda de Música Cultural de Teo (A Coruña), a Agrupación Musical de O Rosal e a Banda de Música Xuvenil de Xinzo. As actuacións comenzarán ás 18.00 horas, no Torreiro, no que habrá preto de 500 cadeiras para a disposición do público.


A Banda  de Música  Xuvenil  de  Xinzo ten  actuado  en numerosos actos e homenaxes  tais como o recibimento ó ciclista Álvaro Pino tras gañar a volta a España, a Abel Caballero cando viña de ser nomeado ministro, na homenaxe a Ángel  Viro Caamaño, e arroupando   agrupacións como as bandas ‘Delicias do Caeiro (Cabral)’, ‘O Rosal’ e ‘Antas de Ulla’ no día do seu estreo. 


No ano pasado, a  Banda  de  Música Xuvenil de Xinzo  participa  no  ‘VII  Certame Provincial  de  Bandas  de  Música da Deputación Provincial de Pontevedra na  segunda  categoría  obtendo  un  terceiro  premio  nesta  categoría,  e  tamén   no  2007  participamos  na  segunda  categoría  no  I  Certame  Galego  de  Bandas  de Música  Populares celebrado  no  auditorio de  Santiago de  Compostela e  no  que  conseguiu un segundo premio, así como o premio a mellor interpretación dunha obra galega con ‘Impresións Galegas’, de Henrique Saavedra. 


Na  actualidade   a  Banda  de Música  Xuvenil  de  Xinzo  está  dirixida por Iñaki  Lecumberri  Camps,  natural  de  Valencia,   titulado  superior en  clarinete  e  profesor  de Harmonía  no  Conservatorio ‘Reveriano  Soutullo’  de  Ponteareas, e conta con 30 compoñentes da escola. 


Na memoria dos veciños está todavía o recordo das dúas Bandas que houbera en Xinzo a principios e a mediados do século XX, cando no ano 1979 rexurdiu de novo o espírito musical. Así pois un grupo de rapaces iniciábanse no arte da música da man do mestre José Guillén Lorenzo (Músico Profesional da Banda Militar do cuartel de Barreiro en Vigo). 


No Nadal de 1980 a parroquia puido ver e escoitar por primeira vez o que meses despois se constituiría como Banda de Música Xuvenil de Xinzo (28 de Xuño de 1981). É  de destacar que foi a segunda banda con carácter xuvenil que se formou no país e que sinalou o comezo dunha nova concepción deste  tipo  de  agrupacións  en Galicia. 


No ano 1985 soamente dúas bandas de Galicia foron admitidas no concurso ‘Gente Joven de TVE’, entre elas a de Xinzo, e tras participar e clasificarse para semifinais, queda eliminada na última actuación por excederse do tempo permitido. Durante a viaxe realizada a Madrid para a gravación do programa a banda estrea baixo a batuta de J. Carracedo (responsable das bandas de música militares do ministerio) o ‘Pasodoble Homenaje a Garzón Cidanes’. Aproveitando o bo momento que atravesa a banda realizase a primeira gravación para a Radio Galega. 

 

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com