Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

A Consellería de Innovación e Industria paraliza cautelarmente os traballos na Canteira de Cillarga, en Ponteareas

por Vm - 06/05/2008

A Consellería de Innovación e Industria decidiu paralizar, cautelarmente, os traballos de explotación na Canteira de Cillarga, en Ponteareas. Segundo o xefe de Servicio de Enerxía e Minas, Francisco Sánchez-Ulloa Villar, “mentres non se rematen as actuacións que se están practicando non se pode aportar os resultados das mesmas, de ahí que se adoptou esa decisión”.


O portavoz municipal do BNG de Ponteareas, Bolívar González, sinalou que a finais do mes de febreiro técnicos da Consellería de Innovación e Industria e Técnicos da Consellería de Cultura inspeccionaron o lugar de Cillarga, previa solicitude da Asociación de Veciños Avecilla. A raiz desa inspección, o 10 de abril de 2008 a Xunta decide paralizar “cautelarmente” a explotación mineira tras un informe emitido pola Consellería de Cultura que así o aconsellaba. 


Para o Bloque Nacionalista Galego, “a falta dun PXOM en Ponteareas implica que os bens patrimoniais e culturais deste Concello segan sen catalogar a día de hoxe e perigue  súa conservación”. González lembrou que nos once meses que o BNG-PSdeG estiveron no goberno municipal se precintou a canteira por carecer de licenzas e permisos, “pero logo da moción de censura, o goberno do PP  autorizou a explotación da  canteira malia existir informes desfavorables”.


Por  outra banda, Bolivar González, engadiu que “agardamos que a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galiza, que non depende do BNG, siga o exemplo das Consellerías de Innovación e industria e Cultura e emita dunha vez o seu informe desfavorabel polo que están agardando os veciños dende o mes de febreiro”.

 

 

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com