Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

O Goberno de Ponteareas pide a colaboración da Xunta coas festas do Corpus Christi

por Vm - 06/05/2008

A Xunta de Goberno local do Concello de Ponteareas acordou na súa reunión de onte solicitar á Consellería de Innovación e Industria unha subvención para a celebración das Festas do Corpus Christi 2008 na vila. 


Así, o Goberno local dirixirase aos responsables do departamento autonómico para solicitar a súa colaboración con esta festa de Interese Turístico Nacional. Dentro das axudas desta consellería atópanse as subvencións a concellos con destino ao apoio ás festas populares e outros eventos de contido turístico.


O Concello de Ponteareas espera que a Xunta de Galicia colabore con estas festas que teñen xa máis de 150 anos de antigüidade e que foron declaradas de Interese Turístico en 1968 e de Interese Turístico Nacional dende os anos 80. 


Mentres, os distintos departamentos municipais de Ponteareas traballan arreo para preparar a vila para o comezo das Festas do Corpus Christi 2008, que terá lugar os vindeiros 24 e 25 de maio. As accións das concellerías de Vías e Obras, Tráfico e Seguridade Cidadá, Medio Ambiente e Servicios Comúns se centran no axardinamento e preparación das zonas verdes, na limpeza dos paseos fluviais, na reparación e adecentamento de beirarrúas e calzadas, así como no acondicionamento e habilitación de aparcadoiros públicos.


O Goberno traballa tamén no pintado das rúas do casco urbano con vistas a que a vila luza as súa mellor cara para o Corpus. Nestes traballos, o Concello conta coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra. 

 

 

 

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com