Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

O Concello de Ponteareas convoca a XXXIX edición do Concurso de Gaitas

por Vm - 03/05/2008

O Concello de Ponteareas celebrará o vindeiro mes de setembro a trixésima novena edición do Concurso de Gaitas, no que poderán participar tódolos grupos de gaitas de Galicia coma dos Centros Galegos de España e do estranxeiro que toquen con gaita tradicional. O concurso terá lugar na vila de Ponteareas os vindeiros 20 e 21 de setembro. Antes das 13.00 horas do vindeiro 12 de setembro deberán presentarse as solicitudes de inscrición para o certame, totalmente gratuíto, no rexistro de entrada do Concello. As bases e o modelo de inscrición poden consultarse na páxina web do Concello de Ponteareas ou ben solicitarse no Departamento municipal de Cultura (986 661 675). 


O concurso establece catro premios cunha contía total de 4.500 euros: un premio de 1.800 euros para o primeiro clasificado, 1.200 para o segundo, 900 para o terceiro e un carto premio de 600 euros. O xurado estará composto por Iván Costas  Blanco ( mestre  de música  tradicional  e  gaiteiro ), Antonio  Gutiérrez   Pereira  (mestre de música tradicional, director  da  Banda  de Gaitas  Tremiñado  e   gaiteiro ), José  Manuel Gil  Rodríguez  (mestre de música  tradicional, artesán  e gaiteiro), Anxo  Lois García  Pintos (mestre de  música  tradicional   e  gaiteiro, e Manuel  Alonso   Iglesias  (Percusionista). 
 

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com