Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

O Plan de transporte metropolitano que a Xunta pretende implantar establecerá un centro intermodal en Ponteareas

por Vm - 01/05/2008
A delegada salientou tamén a necesidade dunha planificación urbana a medio e longo prazo. A súa direita, o portavoz socialista, Francisco Candeira. A súa esquerda, Delfín Domínguez.

A delegada provincial da Consellería de Política Territorial, Isabel Domínguez Quintas, que inaugurou un ciclo de coloquios sectoriais que está a organizar a Agrupación Do PsdeG de Ponteareas, indicou que dende a Xunta de Galicia hai dous grandes proxectos para o sur da provincia de Pontevedra e que van ter unha especial incidencia en Ponteareas. O primeiro é o Plan de infraestructuras viarias Vigo e a súa zona de influencia, que vai definir as vías de comunicación necesarias para o desenvolvemento da nosa zona e que se van executar nos próximos anos, “permitindo comunicacións fluídas cos centros urbanos, industriais, sanitarios educativos etc”.


En segundo lugar, falou do Plan de transporte metropolitano, “que será importante para potenciar a mobilidade dos cidadáns en medios de transporte público”. Este terá como características billete único que permitira dende Ponteareas chegar a Vigo e coller un autobús urbano “que nos leve a calquera parte da cidade ou incluso un barco para ir a Cangas ou Moaña, có mesmo billete sen ter que facer ningún pago adicional cada vez que cambiemos de transporte”. Ademáis, en Ponteareas establecerase un centro intermodal, o que implicará poñer en marcha liñas de transporte público polas parroquias que partirían do centro intermodal.



A delegada salientou tamén a necesidade dunha planificación urbana a medio e longo prazo porque “o planeamento urbanístico que fagamos hoxe ten que estar especialmente pensado para os nosos fillos”. Por iso, e con respecto a Ponteareas, lamentou a situación irregular que por falla do PXOM existe no Concello. Tamén explicou que obras coma as rotondas previstas no cruce de Savaterra e no Eroski poderían estar feitas si o Goberno local “fora mais eficaz e activo,  xa que por parte da Consellería están en disposición de comezar as obras de inmediato”.  

    
Sobre este artículo
Publicidad
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com