|
|
EU-IU considera urxente a construcción nun novo centro de Primaria en Ponteareas |
|
|
| por Vm - 29/04/2008 | | |
EU-IU de Ponteareas considerou onte que a proposta de ampliación no CEIP Fermín Bouza Brey proposta por Educación “non aporta unha solución adecuada ós problemas” porque non vai precedida dunha avaliación global da situación escolar do Concello, “coñecida por claustros, ANPAS, consello escolar municipal e sindicatos”.
Na opinión de EU-IU a ampliación do Fermín Bouza Brey vai supor unha reducción de espazos nos patios e ateigamento dos mesmos con máis nenos, dificultará o normal desenvolvemento organizativo do macro-centro e complicará o tráfico de vehículos e persoas nas entradas e saídas. “Pensamos que o problema de escolarización resolveríase mellor coa construcción dun novo centro de primaria nun lugar próximo á maioría dos nenos transportados, sen renunciar a subsanar as carencias estructurais do actual Fermín Bouza Brey”.
Dende EU-IU critican tanto a actitude da Consellería de Educación respecto a Ponteareas, “como a pasividade do goberno municipal que considera os problemas de escolarización no concello como algo alleo”.
|
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 35 votos ¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?
|
|
|
|
|