Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Ponteareas

Aberto o prazo de inscripción en Ponteareas para os ‘Campamentos de Verán’ da Xunta

por Vm - 27/03/2008

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do concello de Ponteareas anuncia que ata o vindeiro 11 de abril esta aberto o prazo para inscribirse nos ‘Campamentos de Verán 2008’ que organiza a Xunta de Galicia, dirixidos a rapaces e rapazas de entre 9 e 17 anos. 

O prazo de entrega de solicitudes remata o día 9 de abril para aqueles que opten por entregar as solicitudes na OMIX de Ponteareas. Para aqueles que prefiran entregalas en calquera das delegacións de Vicepresidencia de Igualdade e Benestar ou no concello de Ponteareas remata o 11 de abril.

As diferentes actividades que integran esta oferta xeral levaranse a cabo tanto en Galicia como nas comunidades autónomas de Álava, Aragón, Cantabria, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Murcia e Navarra, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración, os meses de xullo e agosto. 

Cada un dos campamentos ofertados ten un nome xenérico que fala das actividades que se desenvolven nel, como é o caso de Campamento de teatro, Xogando no encoro. A nosa primeira aventura, Unha viaxe a través do tempo, Multiaventura nos Chacotes, Aventura e deporte, Portugaliza, entre moitos outros.

Os prezos varían en función do campamento elegido, oscilando entre os máis baratos o Campamento Sinte Galiza, Unha viaxe a través do tempo e Aventura na naturaza, cun prezo de 82 euros. Os campamentos máis caros alcanzan un custe de 188 euros entre os que destacan Actividades no mar: vela, dorna, táboa, piragüismo, kayak-polo e aula naturaza mariña.

Cómpre salientar cos membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50%. Asi mesmo os usuarios do Carné Xove gozarán dun desconto do 25%. 

Para solicitar máis información os interesados poden dirixirse á OMIX, situada  na Biblioteca Municipal da rúa A Perillana, ou chamar o teléfono 986 660 765. 

 

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Ponteareas- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 63 votos
¿Cree que la ley debería ser más rigurosa contra infractores reincidentes como 'Makelele', implicado en las muertes de Jenaro de la Fuente?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com