| |  | | | | | Con este premio, a banda de música desta parroquia ponteareá consegue o máximo galardón na súa categorÃa e consolida unha liña ascendente nos últimos tres anos onde se acadaron varios premios a nivel provincial. REMITIDA. | | | |
A Banda de Música Xuvenil de Xinzo vén de acadar o 1º Premio outorgado polo xurado do IX Certame Provincial de Bandas de Música que organiza a Deputación Provincial de Pontevedra, Sección Segunda, levado a cabo o pasado sábado na cidade de Pontevedra.
Con este premio, a banda de música desta parroquia ponteareá consegue o máximo galardón na súa categoría e consolida unha liña ascendente nos últimos tres anos onde se acadaron varios premios a nivel provincial, e no certame galego de bandas de música populares, "e o máis importante, acada o recoñecemento ó importante e frutífero traballo que desenvolve a Escola de Música de Xinzo", afirma nun comunicado.
A Asociación Cultural 'Banda de Música Xuvenil de Xinzo' conta neste curso escolar con máis de 60 alumnos matriculados en solfexo, e en diferentes especialidades musicais, e forman parte tamén desta asociación, a Banda da Escola de Música e a Banda de Música Xuvenil de Xinzo. A dirección da escola de música corre a cargo de César Núñez Pérez, natural de Salceda de Caselas, titulado superior na especialidade de tuba, e profesor no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.
|