O Conservatorio Profesional de Música “Reveriano Soutullo” e a Escola Municipal de Música “Vila do Corpus” ámbolos dous dependentes do Concello de Ponteareas, abriron o día 1 de xullo o seu prazo de matrícula para o vindeiro curso escolar 2009-2010.
A matrícula, sen límite de prazas, permanecerá aberta ata o día 31 de xullo e os interesados e interesadas poden formalizala nos seguintes instrumentos: Saxofón, clarinete, oboe, violín, viola, violoncelo, contrabaixo, frauta, guitarra, piano, percusión, gaita, trombón, trompeta, bombardino e tuba.
Os interesados e interesadas poden solicitar máis información sobre todo o relativo á matrícula e ao plan de estudos, no Conservatorio Profesional de Música “Reveriano Soutullo” na rúa Castiñeira nº 1 de Ponteareas ou tamén chamando ao teléfono 986 64 16 16
|