Inicio > Ayuntamientos > Ponteareas

A biblioteca municipal inaugura esta tarde a exposición de pintura colectiva “4 ideas” de Pilar Arranz, Basilio González, Remedios Fortes e Isabel Romero

por VM - 03/07/2009

Esta tarde terá lugar a inauguración da Exposición de Pintura Colectiva “4 ideas” de Pilar Arranz, Basilio González, Remedios Fortes e Isabel Romero. O acto terá lugar na Sala Multiusos da Biblioteca Municipal de Ponteareas as 21 horas.

"Nesta exposición poderemos observar catro formas de ver, pintar ou debuxar, de forma que pese a ser completamente diferentes, tanto nas súas respectivas ideas, como nos seus procesos creativos, non obstante, conforman un conxunto harmonioso e agradable", segundo un comunicado da organización.

Basilio González o máis novel e único varón dos catro que integran o grupo, quen nos ofrece unha interesante mostra de debuxos que cabe deferenciar en dous apartados: por un lado unha colección de rostros nos que una lograda adecuación da linea mostra a personalidade do modelo e engadelle a interpretación subxectiva do debuxante. A súa colección complétase cunha tenra mostra de animais domésticos.

Isabel Romero ofrécenos un domino notable no manexo dos acrílicos e unha fonte de inspiración que nos transporta ao seu Cádiz actual a a outro de épocas pretéritas, invadido de reminiscencias e perfumes árabes.
Pilar Arranz tende cara á abstración, plasmado todo iso con técnicas mixtas baseadasa en óleo e acrílicos, nos que se empregan fortes contrastes de cor, ao tempo que potencia os volumes coa adición dalgúns materiais complementarios.

Remedios Fortes, inúndanos dende Málaga con aromas de laranxeira e limoeiro, sendo o seu estilo fielmente realista.

 


 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com