Inicio > Ayuntamientos > Ponteareas

Inaugurada unha ruta etnográfica, con la rehabilitación de seis muíños en Ponteareas

por VM - 13/01/2009
 
A iniciativa foi impulsada pola Asociación Cultural San Martiño de Couso, xunto coa Comunidade de Montes de Couso, e consistiu na rehabilitación de seis muíños e na creación dunha ruta etnográfica e de sendeirismo. HERNÁNDEZ.

O director xeral de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López Iglesias, e o delegado provincial da Consellaría do Medio Rural en Pontevedra, Gonzalo Constenla Bergueiro, visitaron este domingo ao conxunto etnográfico e interpretativo dos muíños de Couso, en Ponteareas, un proxecto financiado con cargo ao programa Leader + do Condado-A Paradanta e que contou cun investimento global de 79.693 euros. Para a súa execución, xa finalizada, a subvención que recibiu no marco dos fondos europeos de desenvolvemento rural foi do 75% do total, ou o que é o mesmo 60.000 euros.

A iniciativa foi impulsada pola Asociación Cultural San Martiño de Couso, xunto coa Comunidade de Montes de Couso, e consistiu na rehabilitación de seis muíños e na creación dunha ruta etnográfica e de sendeirismo con sinaléptica e con paneis interpretativos dentro de cada dun dos muíños. Así mesmo, tamén se incidiu na vexetación da zona, mediante a replantación con especies frondosas caducifolias do lugar no que antes había eucaliptos ao lado do río e que agora conforma a ruta de sendeirismo.

O responsábel local do BNG, Xosé Represas, sinalou nun comunicado que nestes tres anos a Xunta apoiou o medio rural de Ponteareas en diversas actuacións con subvencións ás comunidades de montes e planta de biomasa en xinzo (194.000 euros), recuperación da Picaraña (320.000 euros), melloras na comunicación telefónica e internet en Couso (260.000 euros), mellora da electrificación (600.000 euros), remate do centro cultural de San Mateo (60.000 euros), recuperación dos muiños de Couso (60.000 euros) ou a investigación do pemento de Guláns.

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com