Inicio > Otros ayuntamientos > Pazos de Borbén

Molares reúnese co alcalde de Pazos que para facer suxestions sobre a futura área metropolitana

por VM - 03/09/2009
 
Tanto Norberto Uzal coma Lucía Molares explicáronlle ao alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, que a intención da Xunta de Galicia é partir do proxecto de lei que xa estaba consensuado e que fora aprobado polo Consello da Xunta a comezos do ano 2005. REMITIDA.

O director xeral de Administración Local, Norberto Uzal, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, desprazáronse este xoves ata o Concello de Pazos de Borbén para continuar coa rolda de contactos cos alcaldes dos catorce concellos da comarca viguesa que integrarán a futura Área Metropolitana de Vigo. Tanto Norberto Uzal coma Lucía Molares explicáronlle ao alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, que a intención da Xunta de Galicia é partir do proxecto de lei que xa estaba consensuado e que fora aprobado polo Consello da Xunta a comezos do ano 2005, matizando que a finalidade última é recabar toda a información posible dos municipios implicados para retomar a iniciativa e iniciar así a redacción dun novo proxecto de Lei de Área Metropolitana que conte coa aprobación de todos os concellos que formarán parte da nova entidade supramunicipal.

O rexedor popular trasladoulle as súas peticións e suxestións sobre as competencias e servizos que consideran deberían formar parte da futura entidade supramunicipal. Neste senso, Uzal e Molares recolleron todas as súas manifestacións e explicáronlle que os concellos implicados teñen de prazo ata o 30 de outubro para enviar todo tipo de información e documentación concreta á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así coma as posibles suxestións e opinións que os concellos consideren para estudalas conxuntamente de cara a configurar un novo borrador do proxecto de Área Metropolitana. Unha vez que a Xunta de Galicia dispoña de toda a información necesaria, comezarase a analizar e a traballar na elaboración e redacción dun primeiro documento.

A rolda de contactos deste xoves continuará nas próximas semanas con outros concellos do entorno da cidade olívica co fin de seguir traballando e iniciar un breve período de reflexión e consultas sobre as competencias que poderían ser xestionadas pola nova entidade supramunicipal e para cuxa creación é "imprescindible o consenso de todos os municipios implicados", dixo Lucía Molares quen engadiu que "eles son os protagonistas".

O punto de partida, como xa deixou claro o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo na súa visita institucional á cidade viguesa, é a declaración de Soutomaior do ano 1999 e o proxecto de lei que fora aprobado polo Consello da Xunta a comezos do ano 2005 pero que non entrou en vigor pola disolución do Parlamento. Este texto xa tiña acadado un amplo consenso entre os catorce municipios que, agora, o Goberno galego quere recuperar coa finalidade de constituír a Área Metropolitana de Vigo.

 

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com