Inicio > Otros ayuntamientos > Oia

O Concello de Oia solicita a construcción dun Centro de Día dentro da rede pública galega

por VM - 14/05/2008
 
O alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, estivo hoxe con xerente do Consorcio, Lois Pérez Castrillo, e propuxo a rehabilitación dun antigo edificio para poder utilizalo como Centro de Día público. REMITIDA.

O alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, propón ao Consorcio a rehabilitación dun antigo edificio para poder utilizalo como Centro de Día público. O rexedor, acompañado da concelleira de servizos sociais, Sandra Calvo, visitou onte en Santiago ao xerente do Consorcio, Lois Pérez Castrillo, e máis ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar vai estudar a viabilidade de acometer a rehabilitación como Centro de Día da antiga casa consistorial de Oia. O alcalde e maila concelleira de servizos sociais presentaron á xerencia o proxecto, que culminaría coa creación de prazas públicas dentro do Sistema Galego de Benestar para a atención diúrna a persoas maiores dependentes ou en risco de padecer dependencia.

Oia
pertence á comarca pontevedresa do Baixo Miño, está adherido ao Consorcio desde o mes de novembro de 2006 e conta xa cunha Galescola de 3 unidades e 41 prazas públicas de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com