Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Nigrán

Nigrán aproba un orzamento de algo máis de 16 millóns “non virtual, senón real”, segundo o goberno PSOE-BNG

por R. L. - 01/04/2008
Momento no que socialistas e nacionalistas votan o orzamento 2008.
O alcalde de Nigrán, Efrén Juanes, afirmou onte no pleno onde se aprobaron os ornamentos de 2008, 16,1 millóns de euros, tras dous anos prorrogando o de 2005, que “non me satisface”. Juanes explicou que é mellor un mal orzamento que non telo. E que para conseguir o actual fíxose “a arte do imposible desde a enxeñería  financeira” do Concello buscando un orzamento “non virtual, senón real”.

 

Ademais, anunciou un novo pulo á presión fiscal no imposto de liquidez de cara a recadar os impostos das promocións inmobiliarias no municipio. 

 

Respecto ao criticado refinanzamento da débeda municipal, por parte da oposición, Juanes xustificouse alegando que “non había máis remedio”. Se se quere resolver o problema de liquidez do Concello, hai que diminuilo gasto e refinanciar a débeda, explicou.

O alcalde de Nigrán, Efrén Juanes.

   



En alusión as críticas recibidas da oposición no recorte de persoal, o alcalde nigranés defendeuse dicindo que prescindir de prazas ou amortizalas así como eliminar os contratos temporais é preciso para dar estabilidade a través da creación de prazas fixas. E comprometeuse a basear a política de persoal en dous “piares” nunha Relación de Postos de Traballo, RPT, e nun convenio colectivo.

 


Tampouco descartou Efrén Juanes facer unha modificación orzamentaria alá polo mes de setembro. O alcalde reafirmouse en que estabamos ante un “orzamento real”  que pode acoller no futuro axudas das distintas administracións. Falou tamén de “realismo e austeridade” en nun canto de esperanza asegurou que o concello “vai saír desta situación moi difícil”.

 

En varias ocasións, os socialistas cualificaron de “concello de supervivencia” a Nigrán e queixáronse das obras sen pagar que lles quedaron en herdanza do PP. 

 

PP

 

Alberto Valverde, voceiro do partido Popular, criticou do orzamento 08 que “era curto en investimentos e ingresos”. De aí, explicou, a “paralise da xestión”.

                                                                                                  

                                                                      Alberto Valverde, voceiro do PP.





Arremeteu contra o refinanzamento da débeda municipal e aventurou un verdadeiro problema para os anos vindeiros. Culpou a coalición gobernante PSOE-BNG de incrementar os impostos ata un 32 por cento. Asegurou que o millón de euros previstos de ingreso polo imposto da construcción non é real pola crise que atravesa o sector. En canto ao capítulo de persoal, Valverde denunciou a amortización de prazas e engadiu que non hai diñeiro para elas pero si para o secretario do tenente de alcalde. E cifrou o incremento de gasto en persoal nun 10 por cento.  

 

O PP xustificou tamén a súa abstención na votación, dando una oportunidade ao goberno de socialistas e nacionalistas para que demostre que pode sacar adiante o concello.

 

Aínda o ‘popular’ permitiuse suxerir que o goberno debía tentar xerar máis ingresos; que en temas de persoal se negocie coa Xunta de Persoal; e que o equipo de goberno axilice o PXOM.

 

UCN

 

Pola súa banda, Antonio Fernández de UCN anunciou o voto en contra do orzamento que presentou o goberno. Unión Centristas de Nigrán comezou cualificando de “irreal” o orzamento por sospeitar que non incluía tódolas facturas pendentes. Por isto, Fernández aventurou xa, no comezo, que o orzamento 2008 tiña “visos de ilegalidade”. Juanes replicoulle que se levaran a un recoñecemento extraxudicial de crédito.

 

Para UCN, o novo orzamento non recolle as necesidades de Nigrán. Ademais é “ridículo” e “retrógado”  no capítulo de investimentos con 1,5 millóns de euros e “nada imaxinativo”.  Respecto aos ingresos, afirmou de “preocupantes cifras” e, en relación ao imposto de construcción, dixo del que non é real polas “licenzas [de construcción] en retroceso”. Acusou tamén ao goberno de coalición de “agravar a situación con impostos ficticios” e de apostar polas sancións. “sen fórmulas imaxinativas”.
 
 

Antonio Fernández e Charo Valverde, de UCN. 

 

 

Nos gastos, afirmou que en persoal Nigran é “una administración con soldos desproporcionados”. En canto a gastos correntes, criticou que se reducen gastos de mantemento de servizos sen estar garantidos (zonas verdes, alumeado, marquesinas, parques infantis). Sinalou tamén o descenso de orzamento en Servizos Sociais que “deberían ser máis ambiciosos”.

 

En resumo, Antonio Fernández cualificou o orzamento 07 de “continuista” no peor dos sentidos, “para retroceder”. 

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Nigrán- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com