Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Nigrán

A Asociación das Angustias de Nigrán convoca dous concursos literarios

por Vm - 12/02/2008
A Asociación Cultural das Angustias de Nigrán ven de convocar o I Concurso de Relatos Curtos e Poesía, un certamen aberto a todo o público a partires dos 10 anos. Tanto os relatos curtos coma as obras de poesía serán escritos en idioma galego, orixinais e inéditos.

 

O prazo de presentación dos traballos (relato curto e poema), rematará o martes 15 de abril de 2008. Os orixinais, que deberán levar título e pseudónimo, deberán deixarse, en sobre pechado, no buzón habilitado para o concurso no Local Social das Angustias (camiño das Angustias, nº6, Nigrán, detrás da Capela das Angustias), indicando únicamente no exterior: “I CONCURSO RELATO CURTO AS ANGUSTIAS”, ou “I CONCURSO POESÍA AS ANGUSTIAS”, segundo corresponda.

 

Os traballos tamén se poden entregar persoalmente, de venres a domingo, no local social, a calquera membro da Comisión de Festas 2008. TLF.: 616 13 02 59 / 660 35 18 22.

 

A entrega de premios terá lugar o sábado 17 de maio (Día das Letras Galegas). Celebrarase unha “sobremesa literaria” na que se procederá á lectura dos traballos gañadores por parte dos propios autores e posteriormente se fará entrega dos galardóns correspondentes.

 

O Xurado estará presidido por: Emilia Alejos (escritora e fotógrafa), Vicente Viqueira (escritor e xornalista), Ramón Casado Rguez. (mestre de primaria) e por un membro da asociación cultural convocante. 

 

Para máis información, os interesados poden dirixirse á Asociación Cultural As Angustias (Camiño das Angustias nº 6 36350 Nigrán).
    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Nigrán- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com