Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Neves (As)

A Comunidade de Montes de Vide anima a coñecer a ‘Casa da Auga’ en As Neves

por Vm - 27/04/2008
Todos aqueles que desexen visitar a ‘Casa da Auga’ poderán facelo concertando a visita no teléfono 699 076 313.
A Comunidade de Montes de Vide (As Neves) convida a todos aqueles que se acheguen ata a 48ª Festa da Lamprea de Arbo a visitar a ‘Casa da Auga’, precioso edificio do século XVIII, restaurado por esta entidade, onde se ubica un museo etnográfico que contén unha detallada exposición e información sobre as lampreas, os pescos ou pesqueiras e as diferentes artes de pesca, ademáis doutras temáticas relacionadas cos diferentes usos da auga e especialmente sobre unha das comunidades de regantes máis antigas do estado español.

Tamén se pode visionar un vídeo sobre lugares de interés na zona e visitar, por exemplo, as pesqueiras da paneliña ou de Sela, a ponte romana da Senra, etc.

Todos aqueles que desexen visitar a ‘Casa da Auga’ poderán facelo concertando a visita no teléfono 699 076 313. O horario de apertura de martes a venres é de 17.00 a 18.00 horas e sábados e domingos de 17.00 a 19.00 horas, agás os meses de xullo e agosto que de martes a venres abrirá de 18.00 a 20.00 horas e sábados e domingos de 17.00 a 20.00 horas. Os luns e festivos permanecerá pechada.

    
Sobre este artículo
5 / 5 (1 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en As Neves- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 133 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com