|
|
Un home de 86 anos é detido como presunto autor dun lume nas Neves |
|
|
| por Vm - 18/04/2008 | |
Funcionarios da Xefatura Local en Vigo da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita a Galicia informaron hoxe da detención dun home, N.R.C., de 86 anos como presunto autor dun incendio forestal no concello pontevedrés das Neves. O lume tivo lugar o pasado martes na parroquia de Taboexa e foi a consecuencia de realizar dúas queimas nas que se utilizou un pneumático para prendelas.
A continuación, apoiou o pneumático ardendo no talude do monte e as lapas propagáronse pola zona forestal, afectando a un total de 1,64 hectáreas de superficie arborada e rasa. Para sufocar o incendio foi necesaria a actuación dos servizos de extinción de incendios da Xunta.
Por estes feitos, instruíronse dilixencias e foron remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Ponteareas. Con esta nova detención, a Policía Autonómica xa puxo a 44 persoas a disposición xudicial por delitos de incendio forestal no que vai de ano. |
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 132 votos ¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?
|
|
|
|
|