|
|
A PolicÃa Autonómica detén ao presunto autor dun incendio forestal nas Neves |
|
|
| por Vm - 16/04/2008 | |
Funcionarios da Xefatura Local en Vigo da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita a Galicia informaron hoxe da detención dun home, J.M.E.E., de 33 anos como presunto autor dun incendio forestal no concello pontevedrés das Neves. O lume tivo lugar o pasado día 5 na parroquia de Taboexa e foi a consecuencia dun escape de queima na que non se gardaron as medidas de seguridade preceptivas.
As lapas propagáronse rapidamente ás fincas anexas e afectaron a un total de 0,15 hectáreas de monte arborado e raso. Para sufocar o incendio foi necesaria a actuación dos servizos de extinción de incendios da Xunta.
Por estes feitos, instruíronse dilixencias e foron remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Ponteareas. Con esta nova detención, a Policía Autonómica xa puxo a 42 persoas a disposición xudicial por delitos de incendio forestal no que vai de ano.
|
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 136 votos ¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?
|
|
|
|
|