Inicio > Otros ayuntamientos > Neves (As)
A IV Festa do Viño tinto de Rubiós no municipio pontevedrés de As Neves celébrase hoxe e mañá domingo

O viño e a música 'matrimonio excelente' para o pregoeiro da IV edicion da Festa do Viño tinto de Rubiós

por R. L. - 25/07/2009
 
Un brindis das autoridades presentes na festa cun viño de Rubiós. R.L.

A cuarta edición da Festa do Viño tinto de Rubiós tivo como pregoeiro a Cándido Fernández Méndez un músico da banda de Rubiós. O pregoeiro resumiu a parroquia de Rubiós en dous cousas, o viño e a música. Fernández Méndez definiuse experto en lectura de partituras musicais e quizá por iso tivo a honra de ser pregoeiro da Festa. A banda de música e o viño "fai popular a un pobo", dixo o pregoeiro en referencia a súa parroquia natal de Rubiós. Sobre o viño de Rubiós o cualificou do "máis enxebre da nosa terra" e destacou a fundación da cooperativa vinícola que traballa con "grande éxito" na venda dos seus productos.

Para Cándido Fernández citou tamén da covas da Furnas das Ribadeira. "Rubiós ten moito que ofrecer ao forasteiro e que temos moito noso, da nosa propiedade". O pergoeiro destacou tamén o patrimonio inmaterial con cantigas referidas ao viño. "Vindimar vindimadoras, na vindimia do meu pai, vindimade e beber viño que outra cousa non hai" ou estoutra: "Xa rematou a vendima, para cantar estamos nós, e para merendar abondo o tinto de Rubiós". Fernández Méndez defendeu tamén as festas como xeito de "celebrar e sentir en común".  Engadiu que "os pobos necesitan descubrir e conservar as raíces para vencer o negativo que nos impoñen outras culturas estranas" para vencer ao "mundo globalizado".

"Un pobo sen viño e música é un pobo sen alegría" e subliñou que As Neves ten as dúas cousas así que cualificou de "matrimonio excelente".  Rematou con "¡Viva Rubiós! ¡Que viva a cata do viño! ¡E qué vivamos todos nós!

Ao pregón asistiu o vicepresidente da Deputación, Chema Figueroa, así como os delegados territoriais da Provincia, José Manuel Cores Tourís, o de Educación e o de Medio Rural. Da DO Rías Baixas asistiu o seu presidente Jose Ramón Meiriño e o seu xerente, Ramón Huidobro. Tamén estaban os alcaldes de Salvaterra, Arturo Grandal; Mondariz, Julio Alén; e xunto co alcalde das Neves, a tenente de alcalde, Mari Carmen Gil Álvarez, e outros concelleiros da corporación.

Antonio Méndez, presidente das adegas Coto Redondo estaba ao fronte da festa ocupado en que non faltase de nada aos convidados.

Un grato ambiente de festa inundaba a praza do Concello podíase degustar distintos produtos co viño de Rubiós como polbo, arroz con marisco ou callos. A festa continúa hoxe a noite coa quemada e durante todo o domingo.

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com