Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Mos
Escudero perde a primeira votación trala saída de Gerardo Alonso do grupo do PSOE, na súa nova situación de Non Adscrito

Alonso frustra ao goberno mosense a iniciativa de pasar a ser semanais as xuntas de goberno

por R. L. - 29/08/2008
Gerardo Alonso entrega ao ordenanza as mocións que logo desenvolvería no pleno. RL.

Entrou aire fresco na corporación de Mos. Na sesión plenaria gozouse dun ambiente distinto. El rodillo Escudero-Ojea xa non funciona. Gerardo, decide. E xa decidiu no primeiro punto onde se pretendía que as xuntas locais de goberno pasasen a ser semanais cando agora son quincenais. Ademais había un acordo de comezo da lexislatura. do que agora semella que se desdí o BNG, para que foran cada quince días. Ademais como explicou Alonso non hai cartos suficientes para facelas semanalmente (dixo que tal como están representan un aforro de 13.000 euros anuais ). Nidia Arévalo pediu que se respectase o pacto da lexislatura. Sen embargo, Escudero defendeu, con razóns pouco contundentes, a periodicidade semanal por "operatividade" e polo "ben dos veciños". O Non Adscrito e PP pararon a iniciativa do goberno votando en contra fronte a  BNG e PSOE a favor, pero non chegaron os votos ao estar en minoría.

O pleno comezou cun problema de situación no salón do novo ex concelleiro socialista agora non adscrito a ningún grupo e que rexeitou sentar onde tiña preparado a alcaldesa. María Jesusa Escudero púxolle ao lado do grupo Popular. Alonso protestoulle e sentouse ao lado do BNG. Logo houbo que esperar uns dez minutos por Martínez Ojea que chegou tarde.

María Jesusa Escudero asumiu con certo disimulo na súa nova situación en minoría a pesar do recente pacto cos nacionalistas. Tratou aparentemente ben a Gerardo e deulle toda clase de facilidades, "todas as que te correspondan por lei", matizou. Así as cousas comeza unha nova etapa en Mos e Escudero tense que acostumar a que non ten o poder decisión nin moito menos.

Pola súa parte, Alonso acaparou –con apariencia de humildade- todo o pleno coas súas mocións. Temas que se ve leva, desde hai tempo, con gañas de sacar adiante. A primeira moción do novo "non adscrito", Gerardo Alonso, foi sobre a modificación do regulamento orgánico municipal. Deste xeito, a alcaldesa non lle queda más remedio que incluílo nas comisións, se non tanta iniciativa acapara todo o pleno e os grupos precisan tempo para tomar posturas nos distintos temas. Ao final o PP abstívose e PSOE, BNG e Non Adscrito votaron a favor.

Escudero na moción do seu ex concelleiro sobre o Consorcio de Emprego –do que dixo nos medios que non llos explicara Alonso (cando ela era ou é a presidenta da Consorcio)- que quería deixalo sobre a mesa porque era un tema suficientemente importante como para levalo a un pleno monográfico. Martínez Ojea insistiu que mocións deste tipo debe entrar por rexistro, segundo un acordo que teñen os grupos. Nidia explicou que non comprendía como o BNG non sabía nada do Consorcio de emprego. Alonso fixo una descrición pormenorizada con antecedentes e todo sobre este ente que non só crearía emprego senón que promovería o desenvolvemento local.

Alonso tamén presentou unha moción sobre unha empresa de reciclaxe que quere trasladarse de Vigo ao novo polígono da Veigadaña en Mos. O ex socialista pediu que haxa una entrevista con Xestur para intentar realoxar a empresa no parque industrial de Bembrive en Vigo como estaba previsto; así como solicitar informe a urbanismo ante la posible denegación de la licenza por parte do Concello para a construcción e actividade.

Por último, Gerardo Alonso preguntou pola inexistente comisión de límites que non se reune y Mos sufre os problemas que se derivan da falta de delimitación do territorio do municipio, especialmente con Vigo, en Puxeiros, e O Porriño.

    
Sobre este artículo
4.5 / 5 (3 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Mos- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 136 votos
¿Cre que o despedimento de 900 traballadores de Citroën Vigo a final do ano, afectará negativamente á economía da nosa provincia?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com