|
|
O PP de Mos denuncia que veciños e estradas do Outeiro están en perigo por mor dos camións |
|
|
| por Vm - 26/04/2008 | | |  | | | | | Nidia Arévalo e Alberto Méndez no barrio do Outeiro. | | | |
Os veciños do barrio do Outeiro, na parroquia mosense de Torroso, quéixanse do tránsito de vehículos pesados polas estradas da Igrexa e das Baloutas, vías que non están adecuadamente acondicionadas para soportar ese tráfico. Así o informou este venres Alberto Méndez, responsable polo Partido Popular da parroquia afectada. Méndez asegura que os camións que circulan por ambas estradas poderían evitalo porque contan con entrada e saída directas á autovía Vigo-Porriño. Trátase de vehículos e maquinaria pesados que acoden ou regresan de traballar nas obras do Polígono Empresarial de Mos.
O responsable do PP en Torroso explicou que "os veciños queren que os camións deixen de circular polo vial das Baloutas e o da Igrexa, iso é o que pedimos porque ambos camiños están xa destrozados por un tráfico tan pesado". "Ademais", continuaba Alberto Méndez, "é necesario que se asfalten estas estradas e que se lles arranxen as cunetas, xa que por ahí camiñan nenos e non son seguras para eles". Méndez teme unha desgracia se dende o goberno local de Mos non se lle pon solución a este problema, xa que tanto a estrada da Igrexa como a das Baloutas teñen o pavimento en moi malas condicións e non aguantan o peso dos camións, ademais de que en vías tan estreitas o tránsito de vehículos de grandes dimensións e o de peóns son incompatibles.
Pola súa banda, a voceira popular, Nidia Arévalo declarou que " é vergozoso que Xestur, empresa promotora da obra, non teña feito depósito dun abal para por solución ós problemas causados polos traballos no polígono". Arévalo recalcou que "o que pedimos dende o PP e que o propio Concello elabore un plan de seguridade específico para as obras do Polígono Empresarial de Mos, onde se especifiquen o horario limitado e os viais permitidos para o tránsito de camións". Algo que, segundo a edil do Partido Popular, xa levan pedindo dende fai tempo. |
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 35 votos ¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?
|
|
|
|
|