Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Mos

O PP denuncia a "incertidume" sobre o futuro inmediato da gardería de Mos

por Vm - 22/04/2008
Os pais dos nenos mosenses matriculados para o curso 2007-2008 na gardería municipal “aínda non saben que ocorrerá coas prazas dos seus fillos na vindeira etapa escolar 08-09, xa que dende o Concello de Mos non informaron todavía sobor do futuro máis inmediato do centro infantil”, segundo denunciuo hoxe o PP de Mos. A citada gardería podería pasar en setembro a formar parte da Rede de Galescolas do Consorcio de Igualdade e Benestar Social. Dende o Partido Popular de Mos maniféstanse en contra de que a actual gardería pase a ser unha galescola e consideran que a mellor xestión para o centro sería que o seguise levando a actual empresa concesionaria.

 

A edil popular, Ana Rodríguez Cabaleiro, xa presentara no pleno da Corporación Municipal do pasado mes de Febreiro, unha moción sobor deste tema, mediante a que conseguiu que se lle concedese unha prórroga de seis meses á concesión da empresa que actualmente dirixe a gardería. “Pero dita prórroga finalizará o vindeiro 4 de agosto, polo que o futuro inmediato dos alumnos deste centro infantil é totalmente incerto. E hai que ter en conta que xa estamos case a finais de curso”, declarou Cabaleiro.

 

Tamén na reunión plenaria de febreiro os representantes do goberno local informaron de que se estaba a estudiar a posibilidade de cesión da gardería ó Consorcio de Igualdade e Benestar Social para a súa integración na Rede de Galescolas, ante o que os membros do PP manifestaron a súa total oposición.

 

Rodríguez Calabaleiro dí non entender o porque do interese por parte da alcaldía por “metela no Consorcio”. A concelleira explicou tamén que “Escudero pon como excusa que a subvención que a Xunta lle daba para manter a gardería lle será retirada para obrigar a que pase a formar parte da Rede de Galescolas”. Sen embargo a edil do PP asegura que “o Concello podería asumir sen problemas os pagos á actual empresa concesionaria, pero a alcaldesa non quere”.

       

Cabaleiro informou de que “gracias á empresa concesionaria a gardería funciona correctamente na actualidade, e é unha das poucas cousas que van ben en Mos. Ademáis os pais dos cativos están moi contentos tanto co profesorado coma coa dirección do centro”.

       

A data de hoxe non hai notificación oficial no Concello nin na concesionaria do que vai pasar coa gardería, o prazo de matrícula para o curso que ven non está aberto e os pais non obteñen respostas ás súas preguntas. Ana Rodríguez concluiu dicindo que “este é un tema social de interese crucial que amosa unha vez máis a falla de xestión dun Goberno que está máis interesado polo pacto co BNG que por solucionar ós problemas dos vecinos de Mos”. “Existe unha importante deficiencia de información sobre temas educativos”, insistía Rodríguez Cabaleiro, “demostrada tanto polo caso da gardería como polas obras iniciadas no Colexio Castro de Mos, sobre as que os veciños non sabían nada”.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Mos- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com