|  | | | | | A concelleira popular de Mos Sandra Temes. | | | |
A concelleira do PP de Mos, Sandra Temes, pidiu onte ao goberno socialista de María Jesús Escudero e a Xestur “que se organicen” cara ás obras do futuro polígono da Veigadaña. Temes denunciou nun comunicado que “o Concello non se está a tomar en serio as consecuencias lóxicas que se producirán coa construcción do futuro parque empresarial”. Segundo Temes, “as obras foron simbólicamente iniciadas coa visita de Quintana a Mos o pasado mes de febreiro, pero non foi ata o presente mes de abril cando, dende o Concello, se puxeron a traballar nun documento datado en febreiro, onde Xestur trata os accesos posibles á zona de A Veigadaña”.
Sandra Temes califica este retraso de “torpeza e falla de previsión e xestión”, xa que “a magnitude destas obras non é para tratar este asunto unha soa vez”. “As obras xa escomezaron”, continuou dicindo Temes, “e o proceso lóxico sería ter tratado este aspecto, así coma outros que se están obviando, moito antes de empezar as obras”.
Na citada Comisión estudiáronse as opcións plantexadas por Xestur sobor dos accesos ó parque, ó que a concelleira do PP respostou que “para o noso grupo é impensable que o acceso previsto para a maquinaria e vehículos pesados que traballan no parque empresarial sexa a través da estrada EP-2601 Mos-Puxeiros e a rúa Castro, xa que é onde se atopa o colexio Castro de Mos”.
Así mesmo, recolléronse tamén outras peticións para Xestur de cara a iniciar o groso das obras. Segundo a concelleira do Partido Popular, “é moi importante que haxa unha boa comunicación e entendemento entre Xestur e o Concello. Dende Xestur deben comprender que serán os veciños e veciñas de Mos os que padecerán as consecuencias das obras, o polvo producido polo movemento de terras, o ruido de la maquinaria…etc.; polo que dende Xestur débese facilitar, na medida do posible, que estas obras se leven a cabo co menor perxuizo posible para os afectados directos.”
Obras de acceso ao parque
O Partido Popular recórdoulle asemade ao Concello que, a data de hoxe, aínda se está a esperar a resposta sobor das alegacións presentadas ó proxecto elaborado por Xestur para o acceso ó futuro parque desde a Nacional 550. “As alegacións presentáronse fóra de prazo e, a día de hoxe, non temos completa seguridade de si serán admitidas a trámite”, declarou Temes. “Tamén nos dicen dende Xestur que ese proxecto presentado non era o definitivo”, engadía a concelleira do PP mosense, “polo que dende o Partido Popular esiximos que Xestur deixe de ningunear ó Concello de Mos e, en extensión, a tódolos mosenses”. “E que envíen o proxecto definitivo sobre o que se farán as alegacións que o Concello e os veciños estimen oportunas”, apuntou Sandra Temes. Así mesmo, Temes advirtiu que con estas obras pode ocorrer “o que ocorre con tódalas obras que acontecen en Mos” e que “non dependen da nosa administración local: vámonos atopar as máquinas no terreno sen ter nin tan sequera coñecemento da obra que van realizar.”
|