|
|
O cambio da lei postal deixará a gran parte da poboación mosense sen correo a domicilio, segundo o PP |
|
|
| por Vm - 17/04/2008 | | |  | | | | | Ana Cabaleiro, concelleira popular en Mos. | | | |
O Partido Popular de Mos denunciou onte que a modificación da Lei de Servizos Postais deixará a gran parte da poboación mosense sen correo a domicilio. Nun comunicado, a edil popular Ana María Rodríguez Cabaleiro informou de que “por mor da modificación, a nivel nacional, do Real Decreto 1.829 do ano 1999 cambiou un artigo da ley de 1998 sobre os servizos postais universais e a liberación dos mesmos”. Este cambio conleva que se establezan como “entornos especias nos que non se repartirán a domicilio os envíos postais”, todas aquelas vivendas que se atopen situadas a máis de 250 metros dunha vía pública habitualmente utilizada por calquera dos servizos públicos. “Algo moi frecuente en Mos ó tratarse dun municipio cunha extensión territorial moi ampla, sen un centro urbán e cunha una poboación moi dispersa”, explicou Cabaleiro.
Ana Rodríquez Cabaleiro asegurou tamén que as autoridades porán solución a este problema coa colocación dun buzón público ata onde os veciños de Mos que se vexan afectados por esta medida poderán desplazarse para recoller o seu correo. Sen embargo, “nin os habitantes de Mos nin os propios traballadores de Correos están de acordo con esta decisión institucional”, dixo a concelleira.
A propia Rodríguez Cabaleiro amosouse indignada e declarou que “ a poboación de Mos crece a pasos axigantados e cada vez está máis envellecida. A xente maior non pode, na maioría dos casos, desplazarse físicamente para ir recoller a correspondencia”. “Ademais”, continuaba a concelleira do PP, “a maioría das casas están afastadas das vías públicas polo que, nesta nova situación, a meirande parte das vivendas mosenses quedarían sen correo a domicilio”.
Para tentar solucionar o grave problema que se aveciña, a edil popular presentará, no vindeiro pleno da Corporación Municipal, unha moción na que lles proporá ós membros da corporación que “insten ó Goberno a que modifique o Real Decreto e a que aumente a distancia máxima permitida das vivendas respecto da vía pública para poder recibir ós envíos postais na casa, a máis de 250 metros”. |
|
|
|
| | El Tiempo | |  | |
|
|
|
Encuesta |
|
|
Hay un total de 35 votos ¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?
|
|
|
|
|