Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Mos

Vecinos de Mos visitarán as Rías Altas o vindeiro sábado

por Vm - 16/04/2008
Uns 200 veciños de Mos xa fixeron a excursión ás Rías Altas o pasado sábado.
O vindeiro sábado 19 de abril un grupo de mosenses disfrutarán dunha visita á comarca de Bergantiños. Farán a mesma excursión que fixeron un total de 200 persoas o pasado sábado, grazas a unha iniciativa do PP de Mos.

 

Segundo un comunicado dos populares mosenses, nesa ocasión, os excursionistas visitaron o Centro Comarcal de Bergantiños, onde recibiron unha charla explicativa, impartida por un oleiro, sobre o proceso de elaboración da famosa cerámica de Buño. Despois, os veciños de Mos, acompañados por concelleiros e representantes do PP, desplazáronse ata Malpica para dar un paseo e abrir o apetito. Tras a camiñata viu a comida e a posterior visita a Camariñas, onde os presentes pudieron contemplar as pezas do Museo do Encaixe de Camariñas. 

 

Tódolos veciños do municipio de Mos que queiran realizar esta viaxe na súa próxima convocatoria do vindeiro sábado 19 de Abril, aínda teñen tempo de apuntarse na sede local do partido o xoves 17 de 10.00 a 14.00 horas ou ben poñéndose en contacto cos concelleiros e representantes populares das súas respectivas parroquias.

 

O motivo desta segunda excursión é que “a gran afluencia de mosenses desexosos de viaxar fixo que se cubrisen as prazas de autocar dispoñibles para o día 12 antes do previsto e que algúns dos interesados tivesen que aplazar a realización desta actividade polas Rías Altas ata o día 19, data na que terá lugar a segunda convocatoria”, explicou no seu comunicado o PP
    
Sobre este artículo
1 / 5 (1 Votos)
El Tiempo
El Tiempo en Mos- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com