Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Mos

O PP de Mos denuncia que aínda non se convocou a comisión de deslinde co municipio do Porriño

por Vm - 08/04/2008
A voceira do grupo municipal popular de Mos, Nidia Arévalo, asegurou hoxe que, mentres a alcaldesa non fixe con Raúl Francés unha data para a reunión, non se poderá comenzar a pór solución ós problemas que o edificio fronteirizo, sito no lugar de Cristo de Belén, estalles a xerar ós veciños de Pereiras 

   

 

Os membros do Partido Popular de Mos quéixanse nun comunicado de que a alcaldesa, María Jesús Escudero, “aínda non convocou unha comisión de deslinde para poñer solución ós problemas xerados polo edificio ubicado entre O Porriño e Mos”. A edificación, cunha licencia concedida unilateralmente ó constructor polo Concello de O Porriño, invade parte da parroquia mosense de Pereiras, concretamente o lugar de Cristo de Belén.

 

Ante esta situación, “os vecinos maniféstanse indignados”, asegurou o PP, xa que esta nova construcción “lles está a crear dificultades de convivencia ó estreitar unha vía pública imposibilitando, en ocasións, o tránsito de vehículos e ó provocar serios problemas nun servizo fundamental como é o de abastecemento de aguas e alcantarillado público”, continúa a nota dos populares.

 

Nidia Arévalo informou de que, dende o seu partido, levan advertíndolle á alcaldesa da conflictividade da mencionada construcción desde que, fai tres anos, se colocou o primeiro cartel sinalizador de “próxima obra”. “Agora”, dixo Arévalo, “o edificio xa está prácticamente rematado e Escudero aínda non fixo nada ó respecto”.

 

“Hai catro meses”, continuaba a edil popular, “saiu nos medios de comunicación dicindo que ía tomar cartas no asunto, pero a día de hoxe a comisión de deslinde aínda non se ten convocado”.

 

María Jesús Escudero envioulle un escrito o pasado 13 de Febreiro a Raúl Francés, alcalde de Porriño, solicitando a paralización da construcción, pero o gobernante porriñés non contestou e a obra continúa. Dende o PP de Mos consideran esta actuación insuficiente e a voceira do grupo político, Nidia Arévalo, recoméndalle á alcaldesa mosense que “chame directamente a Francés para fixar data e hora dunha comisión de deslinde que é de vital importancia e que, desde fai tres anos, levaa solicitando o Partido Popular”. Arévalo considera tamén que esta reunión debe celebrarse en Vigo e coa maior urxencia posible. 

 

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Mos- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com