Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Mos

O BNG apoiará a restricción do tráfico pesado pola parroquia mosense de Guizán

por Vm - 05/04/2008

O grupo local do Bloque Nacionalista Galego de Mos promoverá desde o Concello a restricción do tráfico pesado no vial de Guizán, nun proxecto de humanización progresiva de todo o concello, segundo un comunicado enviado onte polo seu portavoz, Xosé Manuel Martínez Ojea. O BNG de Mos “xa promoveu a restricción do tráfico pesado noutras zonas de Mos, aínda que desde o concello non se estea facendo un seguemento continuado destas restriccións, co fin de garantir a calidade de vida de veciños e veciñas", continúa o comunicado.

 

 

Neste caso, o BNG dirixiuse ós veciños de Guizán para plantexarlles o seu posicionamento neste asunto, e dicíndolles ademáis que “foi o BNG quen comenzou coa humanización progresiva de moitos viais do concello, loitando incluso algunhas veces contra a incomprensión dos demáis grupos políticos”, explicou Martínez Ojea.

 

 

 

O dirixente nacionalista desvelou que o BNG dirixiuse deste xeito ós veciños e veciñas de Guizán “dado que entenden que logo se formalizará o pacto de goberno e o BNG asumirá a xestión do departamento de Vías e Obras do Concello de Mos”.

 

 

 

Ademáis o BNG, por medio do seu portavoz firmante e do concelleiro Xosé Carlos Cabaleiro, “xa mantivera unha reunión en Pontevedra co presidente da Deputación Rafael Louzán, en torno a un borrador dun posible vial alternativo para liberar o tráfico pesado polas inmediacións da pista de Peinador”. Posteriormente, en torno á cita electoral das municipais, Louzán mantivera unha reunión con colectivos de Guizán, “pero esos proxectos da Deputación quedaron en nada”, din os nacionalistas.

 

 

 

Agora, o BNG está dicidido a retomar o tema, e facer que os grandes sofridores do tráfico pesado que son os veciños e veciñas de Guizán poidan ter unha restricción non só do tráfico pesado senón tamén dos camións e vehículos de grande volume sin limitación de peso, dando así por insuficente a sinalización colocada actualmente.

 

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Mos- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com