O recoñecemento extraxudicial de créditos valorado en máis de 400 millóns das
antigas pesetas que presentou María Jesús Escudero, alcaldesa de Mos, á última
xuntanza plenaria da Corporación Municipal, non foi aprobado por ós votos
en contra dos membros do Partido Popular e a abstención do BNG.
A voceira do PP, Nidia Arévalo,
argumentou o por que da votación do seu grupo político na "existencia de graves
irregularidades cometidas pola alcaldesa en termos de xestión pública".
Irregularidades que tamén se extenden "ó resto da actividade xestora de
Escudero, tal e como ocorreu a finais do pasado mes de Novembro, data na que
decretou retirar 60.000 euros da partida orzamentaria de Conservación de
Estradas, Camiños e Vías Públicas para poder
facer fronte ó pago das nóminas de Nadal dos traballadores municipais.
Trasvase que a alcaldesa argumentou coma gastos de persoal". A edil do PP
declarou que “estes son feitos insólitos, nunca antes ocurriran no Concello de
Mos; é incrible que se teñan pagado soldos cos cartos para as carreteras”.
Arévalo, amósase ademais "indignada" perante o feito da "sustracción por parte de
María Jesús Escudero dunha cantidade que suma ós 100.000 euros en partidas tan
importantes coma as de Emerxencia Social, Adquisición de Libros de Texto, e os
programas de Muller, Xuventude e Terceira Idade; para pagar gastos de
Seguridade Social e intereses xerados polo préstamo bancario solicitado en
2006". Ante tal situación, a popular critica a “pésima xestión levada a cabo por
Escudero” e asegura que “paréceme moi triste chegar a terlle que quitar diñeiro
a estas partidas, iso é o máis grave”.
"Tamén resulta extrano", afirma, que "pese ó
puco que se invirte en Mos nestas partidas, teñan sobrado cartos para emplear
noutras". Arévalo non sae do seu asombro: “¿cómo puido sobrarlle diñeiro
para cubrir outros gastos se o que se invirte en Muller, Xuventude, Terceira
Idade e Emerxencia Social xa é pouco?". A voceira do PP quixo engadir que “cando
chegamos a final de ano o Concello non tiña diñeiro para pagarlle ós
traballadores, por iso tivo que tirar doutras partidas”.
Otras "irregularidades" na xestión
pública de Escudero son un pago de 20.000 euros en chandais e material
deportivo que se lle encargaron a unha tenda de deportes sen ter pedido
presupostos antes de mercalos. Recordar que "as partidas para
suministros teñen que ir a procedemento negociado sempre que superen os 12.000
euros. Os gastos no plan FIP sobrepasan en 18.000 euros, que agora ten que
pagar o Concello, a cantidade financiada pola Xunta. Os gastos de
representación da alcaldesa superan en 40.000 euros a cantidade que estaba
pautada no orzamento e, según Arévalo, “estes gastos corresponden a comidas,
arreglos florais e outras cousas deste tipo”. Arévalo finalizou asegurando que
a alcaldía xa leva gastado, no que vai de ano, un 30% do orzamento para 2008 e
pregúntase “¿qué vai pasar cando chegue Xuño e o orzamento de todo o ano estea
esgotado?”. |