Municipios
Exterior
Magacine
Servicios
Opinión
  Inicio > Municipios > Mos

O xuíz arquiva a denuncia por calumnias interposta polo BNG contra Nidia Arévalo

por Vm - 18/03/2008
O xuíz do Xulgado de Instrucción número 3 do Porriño ven de arquivar a denuncia que interpuxo o BNG nas pasadas eleccións municipais contra a voceira do PP de Mos, Nidia Arévalo, por presuntas calumnias.  Así informaron hoxe desde o Partido Popular. Dita denuncia remóntase ao mes de maio do pasado 2007, cando o BNG de Mos interpuxo unha demanda contra o Partido Popular, na que se acusaba á voceira popular, Nidia Arévalo, de terlle chamado “corrupto” ó edil nacionalista José Carlos Cabaleiro.


 
Acusábase tamén ó concelleiro do PP, Ángel Pereira Carrera, de meterse coa vida personal do portavoz do Bloque Nacionalista Galego, José Martínez Ojea. Ante as acusacións de ambos denunciantes, a Garda Civil de Mos levantou atestado e tomou declaración ós testigos directos indicados pola propia parte denunciante, que negaron os feitos relatados na denuncia. 

O xuíz encargado do caso estimou que non existen datos obxectivos que permitan seguir adiante coas dilexencias, xa que non se pode demostrar a perpetración dun delito por parte dos membros do PP mosense. Así que decretou o sobreseimento provisional das actuacións iniciadas polo BNG e o arquivo do procedemento.

        Segundo recentes declaracións da edil popular, Ana María Rodríguez Cabaleiro, “os denunciados estanse a plantexar iniciar accións legais contra os membros do BNG por intromisión na honra, toda vez que as acusacións feitas son falsas”.

    
Sobre este artículo
El Tiempo
El Tiempo en Mos- Predicción a 7 días y condiciones actuales.
Encuesta
Hay un total de 35 votos
¿Cree que sería bueno para la ciudad que Rafael Moneo se encargase de la reforma de la praza do Rei?










Contáctanos | Anúnciate

Aviso legal

© ES. Comunicación Profesional '08
     Todos los derechos reservados 
Powered by: PHPCow.com