|
O resto das actividades das Xornadas Micolóxicas foron todo un éxito acadando cada unha delas unha participación de 50 persoas
A concelleira de Medio Ambiente, Ana Rodríguez Cabaleiro, fixo hoxe unha valoración das actividades realizadas a semana pasada dentro do Programa Xornadas Micolóxicas.
A programación iniciouse o pasado xoves, 22 de outubro, e dende ese día ata o domingo 25 houbo actividades consecutivas no Pazo de Mos e o seu contorno. Rodríguez Cabaleiro informou esta mañá de que en cada unha das actividades diarias participaron ó redor de 50 persoas, índice de afluencia calificado coma “moi exitoso” pola edil responsable desta iniciativa.
Os actos que lograron concentrar a medio centenar de participantes en cada un foron unha conferencia impartida por Óscar Requejo e celebrada o xoves 22 baixo o título de “Iniciación á Micoloxía”, outra charla denominada “O Xénero Boletus e grupos afíns” a cargo de Puri Lorenzo do Laboratorio de Micoloxía da Universidade de Vigo, que se realizou o venres 23; unha saída o sábado 24 para a recollida e identificación de cogomelos e, o domingo 25, unha exposición no Pazo dos exemplares recollidos durante a saída, con posibilidade de consulta ós expertos e aberta a todo o público.
Esta semana
Todos aqueles que non participaran nas actividades enmarcadas no programa Xornadas Micolóxicas aínda poden facelo, xa que esta semana continuará a programación. A semana pasada as Xornadas Micolóxicas abarcaron a parte teórica –conferencias- e práctica –saídas para identificación e recollida de exempleres- no que a setas e cogomelos respecta, agora toca a parte máis pracenteira, a degustación gastronómica do producto, que terá lugar nos restaurantes mosenses Esteban e Casa Alfredo a partir das 22.00 horas o vindeiro xoves, día 29 de outubro.
Ademais queda outra saída. O sábado 31 os que estean interesados poderán sair a recoller cogomelos no monte da Penacova para logo mostralos ó público nunha exposición de exemplares recolleitados que se instalará tamén alí mesmo. A saída partirá ás 10.00 horas do Pazo de Mos.
|