Inicio > Ayuntamientos > Mos

Vázquez ao corrente dos principais problemas en materia educativa dos centros escolares mosenses

por redacción GECG - 21/11/2009
 
A alcaldesa de Mos e a edil de Educación entrevístanse co conselleiro Jesús Vázquez Abad. REMITIDA.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, reuníronse onte co conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, nas dependencias da Xunta de Galicia en Santiago.

Á saída da entrevista a rexedora local informou de que, durante a mesma, lle trasladaron ó conselleiro a problemática xeral dos centros educativos municipais, tanto dos colexios coma do instituto. Alcaldesa e concelleira fixéronlle a Vázquez Abad un avance de tódolos problemas que ten o Concello en materia de Educación, tanto no que respecta ó transporte escolar coma a outros ámbitos, entre os que se atopa a necesidade da acometida de certas obras para a mellora dos centros.

Por outra banda, Nidia Arévalo convidou esta mañá a Jesús Vázquez “a vir cando queira a Mos a coñecer os centros escolares do municipio e sobre todo o novo colexio Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos”; ó que o conselleiro respostou anunciando que virá a visitar o centro antes de que remate o presente ano 2009.

Arévalo e Loureiro declararon, tras a reunión co conselleiro de Educación, que lle estableceron a este como prioridades para Mos a mellora do funcionamento do transporte escolar e obras para os centros educativos, concretamente de ampliación de comedores, optimización de ximnasios, aislamento das dependencias, renovación de portas e ventás, mellora das fachadas e un longo etcétera.

A rexedora municipal anunciou que algunhas destas obras se acometerán o vindeiro ano e outras quedarán para os seguintes, “xa que é comprensible que non se poidan facer todas á vez”, dixo. Sen embargo, declarou que “espérase alguna obra importante en Mos en materia de Educación para o ano que ven”.

Segundo a alcaldesa mosense “o conselleiro amosouse voluntarioso respecto das nosas solicitudes e comunicounos que en breve nos informará da cantidade económica que a consellería de Educación vai investir en Mos o vindeiro ano 2010 para solventar os problemas que hoxe lle trasladamos”.

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com