Inicio > Ayuntamientos > Mos

Os mozos mosenses xa teñen Noitebus para vivir sen riscos as Noites Vivas

por VM - 03/07/2009

A concellería de Participación cidadá mosense que dirixe a edil Julia Loureiro, porá mañá en marcha o servizo Noitebús, ofertado pola dirección xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.

“A iniciativa consiste en dar servizo de transporte á mocidade mosense para que poidan dirixirse ós puntos de ocio nocturno da zona sen ter que desplazarse nos seus propios vehículos, evitando así o risco de posibles accidentes de tráfico derivados da inxesta de alcohol, o exceso de velocidade, etc.”, segundo informou hoxe a edil responsable. É por iso que Loureiro lles pediu hoxe ós xoves de Mos que, pola súa seguridade, fagan uso do Noitebús as noites dos venres e os sábados.

O Noitebús comenzará a funcionar hoxe venres 3 de xullo, e seguirá activo tódolos venres e sábados, tanto na tempada de verán como na de inverno, ata o mes de xullo do ano 2010.

Este autobús percorrerá todo o municipio de Mos, pasando pola rotonda das Angustias para acceder ós locais do Porriño e chegará ata a discoteca Queen. Os horarios de saída en traxecto de ida serán ás 22.00 horas, ás 23.30 horas e ás 00.30 horas; e os de volta haberaos ás 03.00 horas, ás 04.30 horas e ás 06.00 horas.

Julia Loureiro destacou ademais a importancia desta inciciativa que vense a sumar ao programa Noites Vivas, ambos orientados a mellorar e evitar riscos no ocio nocturno xuvenil. 

Para solicitar información sobre a ubicación das paradas, os interesados poden dirixirse á concellería de Participación Cidadá, situada no Multiusos das Pozas, ou ó número de teléfono 986 339404.

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com