|
O Concello de Mos a través da Concellería de Formación e Emprego dirixida por Gerardo Alonso Porto seguindo cas políticas de emprego que se están executando dende a área, realizou o luns 29 de xuño un curso de Manipulador de Alimentos coa finalidade de mellorar a capacitación dos profesionais e das persoas que no seu ámbito laboral necesiten a obtención do certificado de manipulador de alimentos.
Este primeiro curso organizado dende o Concello de Mos "tivo unha ampla acollida por todos os veciños/as de Mos, sendo un total de 60 persoas as que participaron", segundo un comunicado do Concello. A súa principal motivación era na maioría dos casos profesionais, xa que a obtención de dito certificado era requisito fundamental na realización do seu traballo diario, como exemplo podemos citar o grupo das Auxiliares de axuda no fogar que realizan o servizo que ofrece o Concello de Mos, alumnas do ciclo de Educación Infantil e persoas que traballan ou están relacionadas co ámbito da hostalaría.
O curso foi realizado en colaboración coa empresa Sanea Control Sl, entidade autorizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública con nº de rexistro 221/GA.
Para todas aquelas persoas interesadas en participar en novas edicións poden solicitar información no teléfono 986 487733.
|