Inicio > Ayuntamientos > Mos

O Concello comenza as obras de asfaltado e humanización de Sanguiñeda por un valor de 700.000 euros

por VM - 30/06/2009
 
A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, acudiu esta mañá, acompañada polo concelleiro de Vías e Obras, José María Pereira, e por técnicos municipais á zona na que se están a realizar as melloras. REMITIDA.

Onte comenzaron en Sanguiñeda as últimas obras do Plan Estatal proxectadas en Mos. A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, acudiu esta mañá, acompañada polo concelleiro de Vías e Obras, José María Pereira, e por técnicos municipais á zona na que se están a realizar as melloras para interesarse polas alegacións ou propostas dos veciños.

O que se está a acometer na estrada de Sanguiñeda, é un traballo de asfaltado e humanización da mesma, dende a Avenida de Sanguiñeda ata a Ponte do Senlle, no que se investirán máis de 700.000 euros. Durante a visita de hoxe, a alcaldesa de Mos destacou que “ata o de agora ninguén se interesara polos afectados destas obras, o proxecto inicial foi elaborado sen ter en conta as afeccións, pero agora o goberno municipal que dirixo farase eco das alegacións e propostas dos veciños na modificación do proxecto que se vai a realizar”. E é que a rexedora local percorreu casa por casa esta mañá, xunto ó edil de Vías e Obras, as vivendas afectadas escoitando e tomando nota das peticións dos veciños.

Arévalo declarou tamén que “esta é a séptima e última das obras incuídas no Plan Estatal para Mos e hoxe maniféstome "orgullosa porque o meu equipo de goberno as executou todas nun tempo récord”.  

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com