| |  | | | | | As escaleiras unen a igrexa co centro cultural. REMITIDA. | | | |
A parroquia de Cela inauguró unha serie de melloras realizadas no entorno da Igrexa de San Pedro o pasado sábado. Trátase dunhas escaleiras centenarias que unen dita igrexa co Centro Cultural e que levaban soterradas varias décadas e das Pías de San Pedro, que tamén teñen centos de anos e, ó igual que as escaleiras, estiveron ocultas baixo terra durante décadas. Ademais inaugurouse a restauración do entorno da igrexa consistente no remozamento do chan de pedra e a acometida de xardíns.
Deste xeito quedou remozado o paso que une e comunica o Centro Cultural coa igrexa e polo que os veciños do lugar lembran camiñar cando se dirixían, de cativos, á catequese. Segundo a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presente no acto de inauguración xunto co vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José María Figueroa, “estas accións son moi importantes para as parroquias xa que mediante elas consérvanse as súas tradicións e poténciase a súa historia”. “Non só é necesario facer obras novas senón que tamén cómpre manter nas mellores condicións o patrimonio cultural e arquitectónico que posuímos dende antano”, declarou Arévalo.
As actuacións levadas a cabo supuxeron unha inversión de 47.000 euros financiados pola Deputación, que fixeron posible, gracias á organización da comisión de veciños creada para este fin, a fase de restauración realizada. Sen embargo, tal e como informou a rexedora local, esta obra non rematará aquí “xa que a Excelentísima Deputación Provincial e o Concello de Mos esperamos que na seguinte fase, que se acometerá nos vindeiros anos, se restaure o resto do tramo de escaleiras que chegan ata o barrio de Arufe”.
Figueroa e Nidia Arévalo gabaron e agradeceron asimesmo durante o acto de inauguración o traballo que a comisión de veciños de Cela leva facendo durante anos a prol da mellora da Igrexa de San Pedro e o seu entorno, xa que deles foi o mérito da última obra de acondicionamento do interior e exterior do templo, previa á que se inaugurou ó sábado.
|