Inicio > Ayuntamientos > Mos
Colabora coas actividades organizadas a concellería de Educación mosense, moi interesada en difundir a cultura musical no municipio

Un festival e un concerto marcan o fin de curso da Escola de Música de Mos

por VM - 29/06/2009

Con motivo do fin de curso escolar en xeral e do remate das clases na Escola de Música e Danza Municipal de Mos en particular, esta última organiza coa colaboración da concellería de Educación mosense dirixida pola edil Julia Loureiro, catro días de actividades; algunhas das cales estarán dirixidas únicamente ós alumnos do centro e outras serán abertas para o público en xeral.

 As datas nas que se concentrarán ditas actividades serán do mércores día 1 de xullo ao sábado, día 4. Os días 1, 2 e 3 de xullo celebraranse diferentes obradoiros nas instalacións da Escola Municipal de Música tales como cursos de coro, deseño dunha mascota para a Escola, teatro, percusión corporal, batuka e break dance entre outros.

 O sábado 4 terá lugar un festival como broche final da iniciativa, no que os cativos poderán desfrutar de xogos hinchables e malabares. Todos os interesados en participar en calquera das actividades mencionadas poden obter máis información sobre as mesmas nas oficinas da Escola de Música.

Concerto didáctico
 
A arriba descrita non é a única iniciativa na que colaboran o Concello de Mos e a Escola Municipal de Música, máis coñecida como Escola de Música de Torroso. Debido ó seu mutuo convenio de colaboración son moitos os actos que organizan conxuntamente. Sen ir máis lonxe a semana pasada celebrouse no auditorio do centro Multiusos das Pozas un concerto didáctico impartido por mestres e alumnos da Escola de Música a un total de 250 escolares de 1º, 2º, 3º e 4º cursos de Educación Primaria dos colexios de Petelos, Castro-Mos e Atín.

O repertorio deste concerto interactivo consistiu en fragmentos de bandas sonoras de películas e series animadas, algunhas delas da factoría Disney. A concelleira de Educación, Julia Loureiro, declarou que “consistiu nunha actividade de gran interese pedagóxico e musical que xerou entre os nenos e nenas un ambiente moi animado, chegando incluso a entusiasmalos”. Pola súa banda, os docentes que acompañaron ós escolares fixeron unha valoración moi positiva da iniciativa e, á súa vez, os integrantes da Escola Municipal de Música considerárona unha gran experiencia.

Segundo informou Loureiro “para o vindeiro curso proporemos dende a concellería de Educación incluir esta actividade na programación escolar dos centros, xa que axuda á difusión da cultura e das artes e ó desenvolvemento persoal dos alumnos”. A edil puntualizou tamén que “na hora e media de duración do concerto o que se pretendeu foi que os rapaces se divertiran ó tempo que aprendían a distinguir as familias de instrumentos empregando os sentidos da vista, o oído e o tacto; que coñeceran á Escola de Música e Danza Municipal de Mos; e espertar neles interese e curiosidade pola arte musical”.

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com