Inicio > Ayuntamientos > Mos

Concello e Universidade vinculdos na cooperación educativa para a realización por parte dos estudantes de prácticas preprofesionais

por VM - 28/06/2009
 
O vicerector e a alcaldesa cos concelleiros Alonso e Loureiro. REMITIDA.

O Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Iván C. Area Carracedo, e a Alcaldesa do Concello de Mos, Nidia Arévalo Gómez, asinaron este xoves, en representación dos organismos ós que pertencen, un convenio de cooperación educativa para a realización de prácticas preprofesionais por parte de estudantes universitarios.

Alcaldesa e vicerreitor estiveron acompañados durante o acto de sinatura pola concelleira de Educación mosense, Julia Loureiro, e polo edil de Formación e Emprego, Gerardo Alonso.

No documento hoxe asinado queda plasmado o interese de ambas as dúas entidades en facilitar a preparación para o exercicio profesional do alumnado universitario nas áreas operativas de empresas e institucións.

O obxecto deste convenio, tal e como se especifica no mesmo, é a regulación dun programa de prácticas preprofesionais entre a Universidade de Vigo e o Concello de Mos para mellorar a formación dos estudantes, antes de seres titulados universitarios, de cara á futura inserción laboral en áreas relacionadas cos seus estudos.

Os beneficiarios deste programa serán os alumnos das escolas e facultades da Universidade de Vigo que estean matriculados e teñan superado o 50% dos créditos necesarios para obter o título; os que, no caso de ensinanzas con planos de estudo anteriores á data de implantación dos novos plans, estean matriculados nos dous últimos cursos; e os que estean elaborando o proxecto de fin de carreira.

Este convenio entra en vigor o día 25 de xuño, data da súa sinatura, e terá unha duración dun ano prorrogable por igual período de tempo.

Prácticas certificadas

Ao final do período de prácticas, logo de ter sido solicitada polo estudante en cuestión, expedirase unha certificación individual, asinada conxuntamente polas dúas entidades, Universidade de Vigo e Concello de Mos, con mención expresa da área, especialidade ou especialidades onde se desenvolveron as tarefas derivadas das prácticas preprofesionais. 

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com