Inicio > Ayuntamientos > Mos
O 75% do custe total do pavillón, que se ubicará detrás do colexio, será financiado pola Deputación Provincial de Pontevedra, que fará un desemb

Castro Mos terá o seu propio polideportivo

por VM - 26/06/2009
 
A rexedora municipal e o Secretario Xeral de Educación, José Luis Vázquez Fernández, visitaron o pasado día 17 de xuño as obras do novo colexio Castro Mos. REMITIDA

O Pleno da Coporación Municipal mosense aprobou por unanimidade na sesión ordinaria mensual de onte pola tarde, o convenio de colaboración coa Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra para a construcción dun pavillón deportivo na parte posterior do colexio Castro-Mos.

A Alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, informou de que dito polideportivo suporá unha inversión de 800.632 euros dos cales a Deputación financiará o 75% da cifra total, que ascende a 600.474 euros.

Negociacións fructíferas

Arévalo declarouse no pleno “satisfeita, tras só seis meses na alcaldía, de ter cumplido a promesa que lle fixera sendo concelleira ós veciños da zona de conseguir un pavillón para a parroquia de Mos”.

A rexedora municipal e o Secretario Xeral de Educación, José Luis Vázquez Fernández, visitaron o pasado día 17 de xuño as obras do novo colexio Castro Mos acompañados pola edil mosense de Educación, Julia Loureiro, e por técnicos municipais e autonómicos. Durante a visita, o Secretario Xeral autorizou a construcción, por parte do Concello de Mos, do novo pavillón municipal que se ubicará na zona traseira da escola; e comprometeuse coa Alcaldesa a que a Xunta de Galicia acometa e asuma o custe dun novo muro de peche para o centro.

 

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com