|
A concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro organiza actividades turísticas dirixidas ó desfrute da xuventude mosense. Trátase dunha viaxe dunha fin de semana para mozos e mozas do Concello de Mos ó parque temático A Botica do Lazer, en Portugal, durante os días 17, 18 e 19 de xullo.
Sobre esta fin de semana para os xoves do municipio en A Botica do Lazer, cómpre dicir que é unha actividade destinada a mosenses a partir de 18 anos e na que poden participar un máximo de 55 persoas. Este parque temático portugués consiste nun espacio de ecoturismo ambientado na época dos castros que oferta actividades coma paintball, rutas 4x4, rocódromo, kayak, parapente, rafting, obradoiros medioambientais e sendeirismo, entre outras.
Os obxectivos que persegue esta viaxe son, segundo a concelleira responsable, “favorecer a participación da xuventude de Mos en actividades relacionadas co medioambiente, potenciar hábitos ecolóxicos e de aproveitamento de recursos naturais, favorecer as relacións sociais de grupo; e promover formas de ocio alternativas e saudables”.
O prazo de inscrición no departamento de Participación Cidadá ou no Rexistro do Concello será do vindeiro luns, día 29 de xuño, ó 10 de xullo. A admisión dos participantes farase por rigorosa orde de inscrición ata completar o número de prazas ofertadas: un total de 55.
|