|
O portavoz do BNG en Mos, Xosé Manuel Martínez Ojea, valorou hoxe positivamente o apoio conquerido por todos os grupos políticos representados no concello para sacar adiante unha moción de apoio ó sector do metal da área metropolitana de Vigo, e máis concretamente os postos de traballo de Mos.
O BNG pide que por parte do Concello exista una apoio explícito ás demandas dos traballadores, moitos deles do propio concello de Mos, afectado pola crise económica xeral e máis concretamente no sector da utomoción mediante un grande número de empresas auxiliares de grandes firmas.
O BNG considera pide tamén na moción presentada hoxe mesmo no rexistro municipal e tratado hoxe na comisión informativa de persoal, unha maior implicación da Xunta de Galicia neste tema, exercendo a mediación que lle corresponde por ter conferidas as competencias en materia laboral.
Asimesmo, o BNG considera que o diálogo é a base da solución do conflicto que neste momento non axuda a xerar un clima social favorable. Por esta razón, o BNG pide que se senten as partes a negociar e que non se levanten ata que se acade un acordo. A moción será presentada no pleno ordinario deste mes de xuño que terá lugar o vindeiro xoves.
|