| |  | | | | | A entrega dos diplomas tivo lugar o xoves e contou coa presenza da alcaldesa mosense, Nidia Arévalo. REMITIDA. | | | |
Unha trintena de usuarios da Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos (Asodifisi) e do centro das Escravas da Virxe Dolorosa realizaron, dende o mes de setembro do ano pasado, un curso de xardinería que lles foi impartido nas súas propias instalacións. A festa de fin de curso do proxecto ocupacional para discapacitados 'O invernadoiro' tivo lugar este xoves. No caso da asociación de diminuídos as clases déronse no invernadoiro que posúe o centro, e as alumnas do colexio das Escravas recibiron ditas clases nos xardíns exteriores do mesmo.
O curso estivo dotado de dúas monitoras que ensinaron ós participantes diferentes técnicas de plantación e poda de especies e os instruíron no coidado en xeral tanto de plantas, como de flores e árbores. Ademais o curso incluíu outras actividades coma xornadas de convivencia durante diversas celebracións, tales foron a Festa do Magosto, a de Nadal, o Entroido, unha Festa da Primavera, os Maios, etc. Así mesmo os alumnos participantes realizaron diferentes saídas educativas.
|