Inicio > Ayuntamientos > Mos

Alumnos dos colexios de Atín e Castro-Mos realizan a parte do Camiño de Santiago que pasa polo municipio mosense

por VM - 19/06/2009
 
Tras xogar á ‘pita’ cos nenos e nenas, Arévalo declarou que 'os nosos cativos precisan coñecer o entorno que lles rodea para se situaren e recoñecer os recursos máis próximos, deste xeito, as saídas ó entorno como a que hoxe realizaron son unha oportunidade para aprender nun ámbito lúdico que lles proporciona, ademais, un espazo de convivencia fóra do habitual'. REMITIDA.

Noventa escolares de 5º e 6º curso de primaria dos colexios mosenses CEIP de Atín e CEIP Castro-Mos realizaron este xoves unha saída co título 'Coñece o Camiño de Santiago ó seu paso polo Concello de Mos', organizada pola concellería de Educación.

Os obxectivos desta actividade son achegar ós pequenos e ás pequenas o Camiño de Santiago, descubrir novas formas de ocio no seu entorno, fomentar o interese polo noso patrimonio municipal, favorecer un espazo de cooperación cos colexios de Mos para promover a cultura, dinamizar o calendario escolar.

A excursión partiu pola mañá do Pazo de Mos, onde coñeceron as instalacións e escoitaron un relatorio histórico sobre o municipio, logo realizaron a parte correspondente do Camiño de Santiago ata o Milenario parando no albergue municipal de peregrinos para visitalo e coñecelo mellor, e a continuación, no campo de Santiaguiño, realizaron xogos. Tras xogar á ‘pita’ cos nenos e nenas, Arévalo declarou que "os nosos cativos precisan coñecer o entorno que lles rodea para se situaren e recoñecer os recursos máis próximos, deste xeito, as saídas ó entorno como a que hoxe realizaron son unha oportunidade para aprender nun ámbito lúdico que lles proporciona, ademais, un espazo de convivencia fóra do habitual".

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com