Inicio > Ayuntamientos > Mos

Malvela e Concello de Mos asinan un convenio de colaboración por valor de 7.000 euros

por VM - 18/06/2009
 
Durante o seu encontro matinal coas Malvela, Arévalo gabou a traxectoria tanto da asociación sociocultural coma do grupo musical, 'por seres os únicos do seu xénero no Concello de Mos, por promover a cultura e apoiar todo tipo de actos tradicionais nas distintas actividades que se desenvolven na nosa localidade, e por axudar á mellora da autoestima e da sociabilidade das mulleres rurais'. REMITIDA.

A Asociación Sociocultural Malvela e o Concello de Mos asinaron hoxe un convenio de colaboración para o presente ano 2009. A reunión para proceder á sinatura celebrouse na sede de ensaio da agrupación musical, ata onde a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, se desprazou para materializar este convenio que foi asinado pola rexedora local e a presidenta da asociación, Carmen Nacimiento González.

O convenio consiste nunha dotación económica municipal de 7.000 euros para a asociación sociocultural que, segundo a alcaldesa, servirá "para que, a pesar de ser insuficientes os ingresos que perciben das súas actuacións, o grupo poida mellorar os seus medios, vestimentas, instrumentos e todos aqueles elementos necesarios para o desenvolvemento do seu labor cultural".

Pola súa banda, Malvela aportaralle ó Concello unha actuación do grupo, un espectáculo de entre os diversos nos que participa coma Os Maios, Natal dos Simples, Nadal ou Contos e Cantos no Camiño; dúas demostracións ou obradoiros didácticos a distintos colectivos do municipio; das actividades subvencionadas que organiza, levalas a cabo en equipamentos municipais para deste xeito chegar a un maior número de veciños e así ampliar a oferta sociocultural; e a participación nos foros, xornadas informativas, debates, etc. que se organicen dende as concellerías mosenses e que teñan unha relación directa cos fins propios da asociación nas áreas de cultura, muller educación e difusión e fomento do galego. A primeira actuación das que se contemplan no convenio celebrarase o vindeiro domingo, día 21 de xuño, en Pereiras, na Xuntanza Veciñal da parroquia.

Durante o seu encontro matinal coas Malvela, Arévalo gabou a traxectoria tanto da asociación sociocultural coma do grupo musical, "por seres os únicos do seu xénero no Concello de Mos, por promover a cultura e apoiar todo tipo de actos tradicionais nas distintas actividades que se desenvolven na nosa localidade, e por axudar á mellora da autoestima e da sociabilidade das mulleres rurais da nosa zona fomentando a súa identidade cultural e tratando de contribuír a que non haxa nada que as degrade en canto ó que o seu xénero se refire".

    
Sobre este artículo
Subscripción
Si desea recibir en su correo las noticias publicadas en esta sección indíquenos el correo electrónico a donde desea que se le envíen



Acepto que me envíen al correo indicado las noticias que se publiquen diariamente en esta sección

Roberto Ledo Garrido
Editor y director
Móvil: 696 218 273
editordirector@grupoescomunicaciongalicia.com
Envío de comunicados:
info@grupoescomunicaciongalicia.com
© ES. Comunicación Profesional '09
     Todos los derechos reservados 

Aviso legal
Dirección de Proyectos y Protocolo
Despacho Cristina de Andrés
Calle Urzaiz, 10 - 1º Izd   -   36201 VIGO
Móvil: 669 420 280
proyectosprotocolo@grupoescomunicaciongalicia.com
Powered by: PHPCow.com