| |  | | | | | O secretario Xeral comprometeuse coa alcaldesa a que a Xunta de Galicia acometa e asuma o custe dun novo muro de peche para o centro e autorizou a construción, por parte do Concello de Mos, dun novo pavillón municipal que se ubicará na zona posterior da escola. REMITIDA. | | | |
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o secretario Xeral de Educación, José Luis Vázquez Fernández, visitaron hoxe as obras do novo colexio Castro Mos acompañados pola edil mosense de Educación, Julia Loureiro, e por técnicos municipais e autonómicos.
Durante a visita, o secretario Xeral comprometeuse coa alcaldesa a que a Xunta de Galicia acometa e asuma o custe dun novo muro de peche para o centro e autorizou a construción, por parte do Concello de Mos, dun novo pavillón municipal que se ubicará na zona posterior da escola.
Nidia Arévalo informou, neste sentido, de que dito polideportivo suporá unha inversión de máis de 800.000 euros que serán financiados entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a administración local. A rexedora municipal anunciou tamén que no vindeiro pleno ordinario da Corporación Municipal, que se celebrará o xoves día 25 de xuño, levarase a aprobación o proxecto de dito pavillón. |