| |  | | | | | A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto coa concelleira de Cultura, Sandra Temes, e Daniel Lago, presidente do moto club mosense ‘A lo loko’, presentaron esta mañá no Pazo dos Marqueses de Mos a III Concentración MototurÃstica A Rosa, incluÃda dentro do do programa de actos das Festas da Rosa 2009. REMITIDA. | | | |
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto coa concelleira de Cultura, Sandra Temes, e Daniel Lago, presidente do moto club mosense ‘A lo loko’, presentaron esta mañá no Pazo dos Marqueses de Mos a III Concentración Mototurística A Rosa, incluída dentro do do programa de actos das Festas da Rosa 2009.
Durante a rolda de prensa Daniel Lago explicou que "o primeiro ano que se celebrou esta concentración foi no 2002, sendo concelleira a actual alcaldesa, Nidia Arévalo, quen nos apoiou en todo momento a promocionar e organizar a iniciativa; en 2003 volvémola a realizar e en 2004 tivémola que trasladar a Salceda de Caselas, dende entón deixou de celebrarse e este ano regresa de novo gracias á colaboración do Concello".
De entre toda a programación ‘moteira’ prevista para a fin de semana do 19, 20 e 21 de xuño, Lago destacou como novidades unha carreira de carretillas e outros xogos de animación; actividades estas que comezarán ás 17.00 horas do sábado, día 20. Tamén destacou unha exhibición de karts e outra do acróbata Paulo Martinho a partir das 19.30 horas do mesmo sábado 20.
Os interesados en inscribirse deben saber que o número de participantes nas súas respectivas motocicletas está limitado a 200 prazas. A inscrición, que custa 20 euros, inclúe unha camiseta de regalo, a cea do sábado, o almorzo e o xantar do domingo, sorteo de agasallos, entrada gratuíta a unha festa ‘moteira’ na macrodiscoteca Queen a partir das 01.00 horas da madrugada do sábado ó domingo, e acampada en zonas verdes ó redor do pavillón no que se porán as duchas a disposición dos campistas.
Outras actividades que se realizarán ó longo da fin de semana son unha sesión de DJ´s na carpa habilitada para a concentración dende as 23.00 horas do sábado, a ruta ‘Coñece Mos’ visitando os lugares máis vistosos do Concello en moto, o domingo a partir das 11.00 horas da mañá; e a entrega de trofeos, tamén o domingo ás 13.00 horas.
Exposición
Dentro da programación desta III Concentración Mototurística A Rosa atópase unha exposición de motos clásicas que se pode contemplar dende hoxe nas instalacións do Pazo dos Marqueses de Mos. A mostra estará aberta ó público en horario de tarde. Entre as motocicletas expostas destacan unha Lube 125 cc do ano 1952, unha Bultaco 200 cc do ano 1962, a clásica Vespa 125 cc Primavera e incluso unha Puch con sidecar. As pezas presentes na mostra son propiedade dos coleccionistas mosenses Óscar Fernández e Manuel e Ángel Toucedo, que as cederon para ser exhibidas nesta exposición.
|